O Concello de Culleredo ten en mente, como xa é coñecido, que as naves da antiga fábrica da Cros acollan un gran centro cultural, referente na comarca. As estruturas foron consolidadas e descontaminadas e o proxecto está a espera do impulso económico ao que se comprometera o Goberno do Estado.
Mentres isto non se produce, o Concello decidiu aproveitar as características e estética deste patrimonio industrial para inicial a actividade cultural. Será este venres, 3 de agosto, a partir das 21.30 horas.
A nave da Cros situada máis preto do paseo marítimo será escenario para un gran gala de circo na rúa. Malabaristas, acróbatas, ou pallasos ofrecerán as súas técnicas baixo a estrutura da fábrica. Alí tamén se situarán os espectadores deste espectáculo que terá unha entrada libre e gratuíta.
O goberno municipal está convencido de que o emprazamento deste circo de rúa, na nave ao pé da ría, mellorará o resultado coa súa grandiosidade e a súa espectacularidade nun entorno privilexiado e histórico. As vigas e columnas servirán para acoller elementos do circo e permiten un variado xogo de luces.
A Gala de Circo na rúa “RUACTIVA” é un espectáculo de 100 minutos de duración dirixido a todos os públicos que conta coa participación de tres compañías, un presentador e una banda de música en directo co mellor do noso circo.
Contaremos coa presenza das compañías máis representativas do momento, una banda que interpreta música en directo e un presentador “mestre de cerimonias” que da paso a una grande variedade de espectáculos e números circenses.
A interacción entre as tres compañías participantes, a participación do público, a variedade de técnicas artísticas, as espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo, a presenza dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia e ilusión do circo son os eixes dun dos espectáculos da rúa do momento que está a ter un enorme de éxito en toda Galicia, pero que en Culleredo contará co extra do escenario.
O Concello invita aos veciños de desfrutar deste espectáculo que estreará A Cros como escenario cultural, poñendo en valor un patrimonio industrial único.