O Concello de Culleredo abre o certame de pintura “Pintor Argüelles” á cidadanía. O goberno local aposta por organizar unha festa da pintura, destinada a afeccionados de todas as idades, sen unha compoñente de concurso, para fomentar tamén a participación dos pequenos.
A Festa da Pintura “Pintor Argüelles terá lugar o vindeiro domingo día 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizarán os seus traballos pictóricos entre as 10:00 e as 14:00 horas.
Coas súas obras realizarase unha exposición na Aula da Natureza do Xardín Botánico que se inaugurará a mediados do mes de agosto. No acto de inauguración sortearase entre todos os participantes, segundo as súas idades, numerosos regalos como unha bicicleta, un mp3, mp4, gafas de sol, material de pintura, etc.
Ademais, os máis novos poderán participar nunha exhibición de graffiti. As obras elaboraranse en paneis destinados para este evento adxudicados pola organización, cunhas medidas de 1,20 x 1,20 metros . O día da exposición será sorteada entre os participantes unha tablet.
Os interesados en participar simplemente teñen que apuntarse o mesmo domingo no comezo da festa. O goberno local de Culleredo anima a todos os afeccionados ao mundo da pintura a participar neste novo formato do “Pintor Argüelles” nun entorno idóneo para a inspiración e a arte.
Achéganse as bases da exhibición de graffiti.