Centos de persoas visitaron no Burgo a I Concentración Tuning organizada polo Concello

O recinto multiusos do Burgo volveu encherse a pasada fin de semana. Nesta ocasión tratábase da Concentración Tuning "Ría do Burgo", que se estreou en Culleredo cun éxito de participación e de público asistente, organizada polo Concello.

Foron centos as persoas que se achegaron até o paseo marítimo para observar os diferentes modelos de vehículos tuneados, coas súas distintas características e particularidades. Puidéronse atopar coches de todas as cores, con diferentes aperturas de portas, equipos de son, neóns, etc.

En total, a exposición contou con 60 vehículos e 6 maquetas, procedentes de varios puntos da xeografía galega e española. A concentración xuntou a afeccionados de Ourense, Lugo, Oviedo, Madrid, A Rioxa ou Cádiz. Pero tamén mostraron os seus modelos participantes da Coruña ou do núcleo cullerdense de Vilaboa.

A concentración incluíu diferentes probas nas que se chegaron a repartir 90 trofeos. Os vehículos mediron forzas en iluminación, son ou escape.

O concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo, comprobada a gran afluencia de público e o nivel dos vehículos participantes, anuncia a ampliación da concentración para o próximo ano. A cita continuará e estudarase a inclusión de novos campos como as motocicletas e coches de época.
 
Taibo ten claro que ao éxito do encontro contribúe especialmente o lugar de realización. "Temos un recinto idóneo nun contorna espectacular e á vista está a grande afluencia de persoas que conseguimos en cada evento", sinala.

O recinto multiusos do Burgo construído polo Concello de Culleredo sitúase nun punto estratéxico a pé de núcleos urbanos e da ligazón coa autoestrada AP-9. A Concellaría de Dinamización Local está a apostar por organizar eventos que atraian visitantes e contribúan a impulsar economicamente os sectores comerciais e hostaleiros do municipio.
 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina