O Concello de Culleredo celebrou o certame de pintura “Pintor Argüelles” abríndoo á cidadanía. O goberno local apostou por organizar unha festa da pintura, destinada a afeccionados de todas as idades, sen unha compoñente de concurso, para fomentar tamén a participación dos pequenos.
A Festa da Pintura “Pintor Argüelles tivo lugar o domingo 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizarán os seus traballos pictóricos na contorna natural da instalación.
Coas súas obras realizarase unha exposición que se emprazará na Aula da Natureza do Xardín Botánico. No acto de inauguración sortearase entre todos os participantes, segundo as súas idades, numerosos regalos como unha bicicleta, un mp3, mp4, gafas de sol, material de pintura, etc.
Ademais, os máis novos puideron participar nunha exhibición de graffiti. As obras elaboráronse en paneis destinados para este evento adxudicados pola organización, cunhas medidas de 1,20 x 1,20 metros . O día da inauguración da exposición será sorteada entre os participantes unha tablet.