O Concello de Culleredo participa nunha actividade formativa transfronteiriza sobre hábitos de vida saudables para os maiores. Atópase enmarcada nunha iniciativa do Fondo de desenvolvemento rexional europeo (FEDER), organizada pola Universidade do Minho en Braga-Portugal.
Na iniciativa participarán 14 delegados electos e representantes das persoas maiores de Culleredo por constituíren un referente transmisor das aprendizaxes en canto a envellecemento activo. Desprazaranse esta semana a Braga onde convivirán con maiores de Portugal e mellorarán a súa información acerca da vida activa na terceira idade.
O programa consiste nunha formación sobre os beneficios dunha alimentación sa, da práctica de exercicio físico regular ou da promoción da actividade intelectual, o que se ven denominando “Envellecemento activo”.
Ademais dos obxectivos mencionados, a iniciativa, constitúe tamén unha boa posibilidade para fomentar o intercambio interxeracional e intercultural.
O programa de traballo consiste en: "Mañás activas" con conferencias sobre a "vida activa", "a saúde e a actividade física" e "a saúde e a nutrición"; "Tardes culturais" con visitas guiadas a diferentes lugares das cidades de Braga Guimarães e Esposende; e "Noites libres", con paseos curtos, actividades de socialización e de lecer.
Os 14 maiores participantes foron recibidos pola alcaldesa en funcións e concelleira de Benestar Social, Raquel Jabares, no salón de plenos da casa consistorial. Jabares animounos a “aproveitar o máximo a experiencia para aprender moito e enriquecerse da cultura portuguesa”. Jabares apunta que con esta iniciativa, as ideas de envellecemento activo que reciban poderán trasladarse á actividade do Concello de Culleredo.
A actividade desenvolverase entre o 27 e o 31 de agosto na Residencia Universitaria de Braga. O transporte, aloxamento e manutención dos participantes será por conta dos organizadores, e non terá custes para o Concello de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER