O Concello de Culleredo celebrou este mes de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio.
O Torneo de Fútbol Afeccionado alcanzou a súa XXXV edición, mentres que o correspondente á categoría de veteráns chegou á súa XV edición.
Este sábado, 25 de agosto, tiveron lugar as finais de ambos campionatos. Desputáronse no Campo de Fútbol de Rutis, cos seguintes resultados:
XV Torneo de fútbol de veteráns Concello de Culleredo
U.D.J.ALMEIRAS 2 - OLÍMPICO DE RUTIS C.F. - 3
XXXV Torneo de fútbol de afeccionado Concello de Culleredo
PORTAZGO S.D. 1 -OLÍMPICO DE RUTIS C.F.- 2
Polo tanto, o Olímpico de Rutis resultou vencedor en ambas competicións. O concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado, fixo entrega dos trofeos.