O Concello de Culleredo incrementa a súa presenza en internet coa estrea dunha conta na rede Twitter. A conta oficial é @ConcCulleredo e nela irase informando das novidades que se xeneren no municipio.
Esta medida responde á aposta do goberno local por crear novas canles de comunicación e información aos veciños. Con esta conta conseguirase chegar dun xeito inmediato a moitos cidadáns que xa forman parte de Twitter e que en moitas ocasións se conectan desde o móbil.
O Concello anima aos veciños a seguir a @ConcCulleredo para manterse informado ao instante das novas municipais.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER