O Concello de Culleredo recibe a obra da ilustradora Iria Fafián Alonso. A Aula de Natureza “Juan Lembeye”, emprazada no Xardín Botánico do Burgo, conta desde este venres, 21 de setembro, até o 20 de outubro, a exposición “Ilustracións do eterno antagonista”.
A exposición permanecerá aberta ao público no seguinte horario:
A inauguración da mostra terá lugar o venres ás 20.30 horas.
Aínda que nacida en Vilanova i la Geltrú (Barcelona), en 1988, Iria Fafián está vencellada a Culleredo, á parroquia do Burgo, onde reside.
Comezou a súa formación artística en 2007-2008 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 2010 obtivo unha beca Erasmus á École Superièure de l’Image Angoulême-Poitiers, en Francia.
En 2011 obtivo o traslado SICUE á Facultad de Belas Artes de Altea (Alicante) onde se graduou. Posteriormente realiza o máster en calcografía na Fundación CIEC de Betanzos. Ten realizado varios murais, deseños de carteis, etc.
Exposicións:
2011: Individual na Sala Blanca, Facultade de Belas Artes de Altea.
2010: Colectiva ‘Migrating Art Academies.’ Collegium Hungaricum Berlín (Alemania).
2010: Colectiva ‘Migrating Art Academies’ Galerie d’art contemporain, Royan (Francia).
2010: Colectiva ‘Étudiants Erasmus’ Halle Aux Arts d’Angoulême (Francia).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER