Culleredo analiza o traballo contra a explotación sexual de mulleres na comarca

Organizado polo Centro de Información á Muller de Culleredo, servizo adscrito á Concellaría de Igualdade, o martes 25 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Pazo de Vila Melania unha charla informativa con motivo do Día internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres.
 
Na charla, que terá por título: “Apoiamos ou consentimos?”, participarán distintas ONGs implicadas no apoio ás vítimas e a denuncia de prácticas abusivas. Silvia Mosquera pola Asociación Mestura, Elena Maisón por Ecos do Sur, Esther Salamo por Mosaico, Alicia Ares por Médicos do Mundo, Carmen Vázquez por ACCEM e Fátima Uzal polo CIM de Culleredo, exporán como está a situación desta problemática na nosa comarca e o que se fai desde as súas organizacións e se podería e debería facer para acabar con este atentado contra a dignidade de as persoas que o padecen.

A ONU afirma que, entre 4 e 5 millóns de persoas son vendidas anualmente vítimas de trata, o 80% para a súa explotación sexual, mentres que 700.00 mulleres e nenas son introducidas no comercio sexual. Parece que é un problema de dereitos humanos lonxano pero sen embargo o temos moi preto de nos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina