O Concello de Culleredo inicia en outubro a programación para adultos nas bibliotecas municipais. A Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares", situada en Vilaboa, acolle desde a vindeira semana diferentes actividades relacionadas coa literatura, destinadas para veciños desde os 18 anos de idade.
Cada quince días terán lugar as reunións do Club das Mañás e do Club das Tardes. O primeiro xuntarase os martes de 11.00 a 12.00 horas, a partires do 9 de outubro. O segundo empezará o día, polo que se reunirá os xoves de 17.00 a 18.00 horas.
O outor club que funcionará na rede de bibliotecas municipais será o de maiores, reservado para veciños de máis de 65 anos. Xuntarase o primeiro luns de cada mes, comenzando xa este día 1, en horario de 17.00 a 18.30 horas, na Biblioteca "Miguel González Garcés" de O Burgo.
Ademais dos clubes, o Concello crea tertulias temáticas. A Tertulia Literario empeza o vindeiro martes, día 2, de 19.30 a 21.00 horas, desenvolvéndose polo tanto o primeiro martes de cada mes.
A Tertulia de Arte será os luns, de forma quincenal, comezando o 8 de outubro, en horario de 19.30 a 21.00 horas.
Finalmente, a Tertulia de Historia celebrarase os segundos mércores de cada mes na Biblioteca do Burgo, de 11.30 a 12.30 horas, e os terceiros mércores na Biblioteca de Vilaboa, de 19.30 a 20.30 horas. Iniciaranse o 21 de novembro.