Inicio das escolas deportivas do clube Balonmán Culleredo

Co novo curso escolar comezou nunha nova tempada para as escolas deportivas de BALONMÁN CULLEREDO, co que colabora o Concello de Culleredo. Dende o clube xa hai máis de 20 anos que se ven ensinando o deporte, así como contribuíndo a unha axeitada cultura deportiva, aos mozos e mozas da nosa bisbarra.

BALONMÁN CULLEREDO iniciou as escolas no Polideportivo Municipal de Vilaboa o pasado 4 de outubro. Durante todo este mes, a participación é libre e gratuita. Os interesados poden atopar o clube todos os martes, xoves e venres de 18.00 a 19.30 horas desde o xoves 11.

As escolas están dirixidas a tódolos nenos e nenas con idade comprendida entre os 5 e os 14 anos. Faranse distintos grupos de traballo segundo a idade.

Estas escolas deportivas desenvolveranse ata o mes de xuño de 2013.Teñen un prezo de 10 euros ao mes (agás outubro que é gratuíto) para os socios do BALONMÁN CULLEREDO (cota de socio anual familiar de 20 euros).

Asemade, en Tarrío existe xa unha escola de balonmán inmersa nas actividades da ANPA do CEIP Tarrío para rapaces entre os 8 e os 12 anos, con horario os martes e xoves de 13:20 a 14:20 horas.

Ante calqueira dúbida ou para máis información se pode contactar co coordinador da actividade no teléfono 654 656 023 (Jacob) ou no correo electrónico balonmanculleredo@gmail.com.
 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina