Exposición "Paxariños piadores".
Fotografías de Carolina Lorenzo.
Hall da pranta baixa do Conservatorio profesional de Música de Culleredo.
Do 9 de outubro ao 9 de novembro do 2012.
Carolina Lorenzo adica a súa actividade profesional no ámbito audiovisual. Esta exposición representa o seu primeiro achegamento á fotografía dende o punto de vista da realización formando parte dun proxecto fotográfico na Escola de imaxe e son da Coruña.
"Paxariños piadores"
"As rapazas e os rapaces protagonistas desta reportaxe fotográfica estudan o grao elemental no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, onde moitas familias acoden coa intención de proporcionarlles ós seus fillos unha educación musical regrada pública e de calidade. Deste xeito, permitirase que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria para acceder ao grao profesional. Esta exposición pretende ser unha mostra desta labor, desenvolvida co máximo coidado dende este Conservatorio. Miramos como soa a música."
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER