Culleredo abre o prazo de inscrición no curso de micoloxía, que alcanza a XVIII edición

O Concello de Culleredo organiza o XVIII Curso de Micoloxía que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Buego entre o 7 e o 10 de novembro, a partir das 20:00 horas.

O curso será impartido polo biólogo Carlos Pastoriza Avilés e inclúe unha viaxe e recolleita de cogomelos na zona de Torre Lavandeira no concello de Curtis.

O número de prazas é de 47 e as inscricións xa poden realizarse no Edificio de Servicios Múltiples de O Burgo . O prezo do curso será de 10 euros e incluíndo a mencionada excursión a Torre Lavandeira.

O curso de micoloxía ten o seguinte programa:

  • Día 7 de novembro:
    • Os cogomelos: como recoñecelos e onde buscalos.
    • Identificación de cogomelos I
  • Día 8 de novembro:
    • Identificación de cogomelos II
    • Os cogomelos na alimentación  
  • Día 9 de novembro:
    • Identificación de cogomelos III
  • •    Día 10 de novembro:
    • Excursión e recolleita de setas en Torre Lavandeira (Curtis).

Con esta acción, o Concello de Culleredo quere promover unha afección cada vez máis arraigada na época de maior riqueza deste vexetal. As sesións teóricas centraranse no coñecemento dos cogomelos e na aprendizaxe de onde se poden atopar na xeografía galega.

Estas materias poñeranse en práctica coa excursión a Torre Lavandeira, zona prolífica de cogomelos. En Culleredo tamén se poden atopar moitos nas parroquias rurais.
 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina