O Concello e a AECC informan en Villa Melania das alternativas para deixar de fumar

Baixo o título: “Estouno deixando”, a Concellaría de Sanidade de Culleredo, en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Culleredo, desenvolverán unha xornada de sensibilización sobre o tabaquismo. A Xornada terá lugar no Pazo de Villa Melania, o vindeiro 26 de outubro, ás 19:00 horas.  A entrada é aberta a todo o público, especialmente a fumadores e fumadoras que se plantexaron algunha vez deixar o tabaco.

Esta xornada está encadrada nas medidas de traballo prioritario do departamento municipal de Sanidade vinculadas á promoción de estilos de vida saudables. Na actividade informarase aos presentes das distintas alternativas de deshabituación tabáquica.  

Para iso contarase con: Fernando Molina Nieto, Santiago Suárez Pita, neumólogo e psicólogo respectivamente da Asociación Española Contra o Cancro de  A Coruña (AECC); Berta Gómez Tato, responsable do Plan Galego de Promoción da Vida sen Tabaco da Xunta de Galicia en A Coruña; e Maika Ferreño, ex fumadora cullerdense e gañadora do concurso “O gran camiño”, promovido pola TVG e a USC.

A xornada estará presidida pola concelleira de Benestar Social e primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, e por Cristina Arrue, presidenta da Xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Culleredo.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina