A transcendencia das abellas no desenvolvemento da vida está cientificamente probado. As abellas, ben directamente a través dos produtos que elas mismas elaboran coma o mel, a pole, ou a xelea real, ou indirectamente, a través da polinización das plantas, son a orixe do 76 % da nosa alimentación.
Nos últimos tempos está a dar un fenómeno ao que convén poñer remedio. Os pesticidas empregados no agro están a cambiar os hábitats das abellas, que empezar a ter dificultades no campo para vivir.
Nesta situación, nacen os apiarios urbanos, que xa se poden atopar en cidades coma Chicago, New York, ou París. Por raro que resulte, as abellas poden adaptarse moi ben a determinados ambientes da cidade, onde ademais non se atopan o problema dos produtos químicos.
É o caso do Xardín Botánico do Burgo. O Concello de Culleredo estreou o seu apiario urbano, o primeiro de Galicia. Desenvólvese froito da colaboración municipal co Asociación Galega de Apicultura (AGA).
No Xardín Botánico terán o seu espazo dúas colmeas, mantidas pola propia asociación. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, a concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, e o secretario da AGA, Suso Asorey, presentaron as características deste apiario.
Sacristán resaltou o carácter pioneiro do Concello de Culleredo en iniciativas de carácter ambiental. O Xardín Botánico alberga unha gran riqueza de variedades arbóreas que agora se verá complementado con este apiario, concibido cunha clara finalidade “didáctica e formativa”.
Así, o Concello e asociación desenvolverán actividades cos centros escolares coma un dos principais destinatarios. O obxectivo consistirá en achegar a apicultura aos rapaces, sensibilizando da importancia da abella para o home e das bondades nutritivas que confire o mel e demais produtos creados polas abellas.
A concelleira de Cultura apuntou ademais que o apiario pode servir para a formación de apicultores e sinalou como posibilidade o aproveitamento do denominado apiturismo.
As abellas cullerdenses xa crearon o primeiro mel, ofrecido a degustar na presentación do apiario.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER