Nova edición da Escola de Nais e Pais do Concello de Culleredo

A Escola de Nais e Pais de Culleredo cumpre 24 anos de actividade con intención de continuar apoiando aos proxenitores na acción educativa. O Concello de Culleredo acaba de abrir a inscrición para unha nova edición da iniciativa, que se desenvolverá desde este mes de novembro até xuño do próximo ano.

O obxectivo consiste en abordar os temas de interese para os pais e nais a través de grupos que permitan o intercambio de experiencias. Os asistentes poderán resolver as súas dúbidas, por en común as súas formulacións e adestrar as ferramentas educativas que se propoñan para contribuír a resolver os problemas e axudar á educación dos nenos.

Dado o interese suscitado na Escola, a Concellaría de Educación, que dirixe Carmen Varela, propón a creación de 6 grupos en diferentes lugares e horarios, para facilitar a asistencia de todos os proxenitores que así o consideren.

As sesións terán unha frecuencia quincenal. Para inscribirse na actividade é necesario dirixirse ao Departamento Municipal de Educación, sito no edificio do  Conservatorio Profesional  de Música , ou chamando ao 981 661 208. ou por correo electrónico a educación@culleredo.org.


 

Vista previaAdxuntoTamaño
triptico_escolanais_1.pdf177.32 KB
triptico_escolanais_2.pdf221.71 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina