Prazas vacantes nas actividades deportivas do Concello de Culleredo

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS- CURSO 2012-2013

Prazas vacantes para escolares.

Patinaxe Artística: Polideportivo de Vilaboa-martes e venres, de 17:00 a 18:00 h. Idade, de 10 a 13 anos.
Kárate 1: Polideportivo do Burgo-martes e xoves, de 16:00 a 17:00 h. Idade, de 5 a 10 anos.
Kárate 2: Polideportivo do Burgo-martes e xoves, de 17:00 a 18:00 h. Idade, de 11 a 15 anos.
Fútbol Sala 1: Polideportivo de Vilaboa-luns e  mércores, de 16:00 a 17:00 h. Idade, de 6 a 10 anos.
Ximnasia Rítmica 2: Polideportivo do Burgo- luns e mércores, de 18:00 a 19:00 h. Idade, de 5 a 10 anos.

Prazas vacantes para adultos.

Xim. de mantemento 1: Xim. CEIP Tarrío- luns e mércores, de 19:00 a 20:00 h.
Xim. de mantemento 2: Xim. CEIP I. Díaz Pardo do Burgo - martes e xoves, de 20:00 a 21:00 h.
Xim. de mantemento 3: Xim. CEIP I. Díaz Pardo do Burgo - martes e xoves, de 21:00 a 22:00 h.

TAXAS POR ACTIVIDADE

  • Matrícula menores de 18 anos: 70€ /actividade
  • Matrícula maiores de 18 anos: 80€/actividade
  • Varias actividades o varios membros da unidade familiar (só empadroados en Culleredo): 60€ actividade

Enténdese como unidade familiar para estes efectos a composta polos cónxuxes non separados legalmente e os fillos menores. En caso de separación legal ou cando non exista vínculo matrimonial, a formada polo pai, nai e todos os fillos menores que convivan con un ou outro.

MODALIDADES DE PAGAMENTO

  1. Nun só pagamento a totalidade da cota no momento de matricularse
  2. En tres prazos:
  • Coa matrícula ingresar o 1º prazo no número de conta que se indica
  • Autorización para domiciliar os dous trimestres restantes.


COTAS APRAZADAS 

  •   1º prazo    2º prazo    3º prazo

Matrícula menores de 18 anos       24€      23€      23€

Matrícula maiores de 18 anos       28€      26€      26€

Varias actividades       20€/activ.      20€/activ.      20€/activ.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

-  Ficha de matrícula totalmente cuberta e asinada
- Xustificante de ter realizado o ingreso, onde deberá constar como ordenante o nome do alumno e en concepto o nome da actividade.
Novagalicia Banco no Nº de Conta: 2080- 0065- 31-3110000137

O importe do prezo público refírese ao curso completo. No momento da matrícula, poderá elixirse entre pagar o curso completo ou fraccionar o importe en trimestres, de tal xeito que a solicitude de matrícula nas actividades e a admisión nas mesmas supoña a orde irrevogable de domiciliación bancaria dos sucesivos recibos trimestrais que se deriven da obriga de pagamento ata a finalización do curso, e a asinará o solicitante simultáneamente coa solicitude de matrícula.

A devolución de dúas cotas trimestrais consecutivas determinará a interrupción do servizo. Non poderán renovar praza aqueles que teñan mensualidades non pagadas de calquera outro curso no momento de formalizar a solicitude, polo que deberán estar ao día dos débitos de cursos anteriores.

Posto que a obriga de pagamento nace coa admisión ao curso, a baixa na actividade non supón que desapareza a obriga de pagamento dos trimestres nos que se fraccionará o importe da matrícula do curso.


Para máis información, diríxanse a Concellería de Deportes e Participación Cidadá, no Edificio de Servizos  Múltiples (O Burgo)
Teléfono: 981665597
email: deportes@culleredo.org
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina