Culleredo implanta un programa de formación propio para persoas desempregadas

Os plans de formación para persoas en situación de desemprego constitúen un alicerce para mellorar a súa capacitación e promover así a súa inserción laboral. Estes programas eran organizados pola Xunta de Galicia, do mesmo xeito que outras iniciativas como obradoiros de emprego. No entanto, o goberno autonómico reduciu de forma drástica este tipo de accións, o que prexudica gravemente ás persoas en paro.

Ante esta situación, o Concello de Culleredo decidiu variar a súa política en materia formativa e emprender un programa propio que veña a cubrir as carencias dos plans da Xunta de Galicia.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que para deseñar este plan, o departamento municipal de Formación analizou as necesidades formativas no municipio e as oportunidades de inserción laboral do mercado na actualidade.

O programa comeza este mesmo mes, con accións que se prolongarán ata final de ano. Sacristán anuncia a intención de continuar e ampliar esta política o próximo ano cun plan formativo que recibirá a oportuna consignación orzamentaria. Esta iniciativa para desempregados será afrontada polo Concello con fondos propios.

Outro dos motivos que levaron ao primeiro edil a impulsar este programa propio atópase na decisión da Xunta de non levar a cabo o obradoiro de emprego pedido polo Concello. Trataríase dunha formación práctica en materias como fontanaría, electricidade ou carpintaría, enmarcada nunha acción de mantemento de edificios. Pero o goberno autonómico tampouco apoiou esta actuación en Culleredo.

Sacristán resalta que este plan municipal mellorará a "competitividade" das persoas en situación de desemprego. "O paro é un dos principais problemas sociais actuais e desde as administracións temos que empuxar para promover o emprego", afirma.

O alcalde avanza que o Concello implantará tamén nas próximas datas unha "nova política en materia de mocidade" dirixida a dar resposta ás principais necesidades dos mozos, entre as que se atopa o emprego.

Para este último trimestre de 2012, a oferta municipal componse de cursos e de talleres formativos. A relación é a seguinte:

CURSOS

-    Ferramentas informáticas básicas para a procura de emprego. Haberá edicións de mañá e de tarde.

-    Curso básico de prevención de riscos laborais. Este curso habilita para  ser nomeado como recurso preventivo na empresa e ademais é un requisito básico para a obtención do Cartón Profesional da Construción.

-    Curso de manipulador de alimentos. Haberá edicións de mañá e de tarde


TALLERES

-    Taller para a procura activa de emprego. Talleres de formación  sobre os aspectos básicos para buscar emprego (curriculum, carta de presentación, entrevista de traballo...).

-    Apoio á preparación das competencias crave. Taller de apoio á preparación das materias básicas ( Lingua Española, Lingua Galega, Matemáticas) para o acceso á formación dos novos certificados de profesionalidade a través da superación dos "exames en competencias crave", dirixido a persoas que non contan con estudos de ESO ou equivalentes.

O goberno local destaca a importancia desta última acción para veciños que non dispoñen da Educación Secundaria, dado que as competencias crave con imprescindibles para acceder á obtención dos novos certificados de profesionalidade, chave para a inserción laboral.

Para obter información destes cursos e formalizar a inscrición é necesario dirixirse ao Centro Municipal  de Formación e Emprego" Pablo Picasso" do Concello de Culleredo. Está emprazado na rúa Antonio Machado do Burgo. O seu teléfono é o 981 664 204.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina