O Programa “Ponte a Punto” ten como obxectivos contribuír á mellora das aprendizaxes do alumnado, tentando conseguir o éxito escolar e fomentando a motivación para o estudo, coa utilización das novas tecnoloxías e dotando ao alumno/a de ferramentas, estratexias e técnicas de estudo para mellorar os hábitos de traballo.
Trátase de incidir nos factores que provocan o abandono escolar e desenvolver actividades que proporcionen unha formación integral ao alumno/a en risco de abandono dos estudos. Ademais de orientar e apoiar actividades encamiñadas ao título de graduado escolar de secundaria
Dirixido ao alumnado e persoas empadroadas en Culleredo e que estean no 3º ciclo de Primaria (5º-6º), a ESO (1º-4º), PCPI e ESA.
Levaríase a cabo nos centros escolares ou en locais municipais, en horario de 16:00 a 18:00 h nos colexios e institutos
En canto á ESA, solicitar información.
Os grupos teñen que ter un mínimo de 6 alumnos/as
Información
Departamento Municipal de Educación, Edificio do Conservatorio de Música, Rúa Andrés Pan Vieiro, 30, planta -1, en horario de 9 a 14 h, de luns a venres.
Máis información no teléfono 981 66 12 08.
educacion@culleredo.org
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
triptico_ponte_a_punto.pdf | 361.11 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER