A Concellaría de Igualdade de Culleredo organiza o II Encontro de Mulleres no rural, tras o éxito obtido o pasado curso coa súa estrea. Terá lugar mañá 8 de novembro, a partires das 18.00 horas, na Reitoral de Celas.
Contarase con relatoras como Mª Carmen Regueira, xerente da Perruqería “Magali”; Tusi Lameiro, da empresa “Abeluria” de produtos vexetais, e Pura Ferreño, enxeñeira agrícola, técnica da “Granxa o Cancelo”. Estas mulleres contarán as súas experiencias cara promover ideas emprendedoras no ámbito rural.
O goberno local cullerdense quere con este acto quérese buscar un espazo onde compartir a preocupación pola transformación que está a sufrir o rural galego, en canto ao despoboamento e envellecemento por parte dos seus habitantes e que afecta de maneira esencial á organización territorial.
Por este motivo as políticas de igualdade nas que traballa o Concello, explica a concelleira nacionalista, Rocío Sampedro, pasan por “valorar o traballo das mulleres no medio rural e a súa capacidade de desenvolvemento, non só nas labores de produción agrarias, gandeiras ou no ámbito de coidado da familia, senón co impulso do seu novo rol de iniciadora de novas ideas e actividades que contribúan substancialmente ao desenvolvemento rural”.
“É necesario destapar ese velo que cobre e fai invisible a capacidade da muller do rural galego, e darlle empoderamento”, afirma Sampedro. Tamén destaca a nacionalista que “o papel das asociacións de mulleres rurais é fundamental xa que o futuro do medio rural depende en grande medida do papel outorgado ás mulleres, e se estas se agrupan e emprenden novas iniciativas, o empuxe, a transformación e o avance será maior”.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER