O Concello de Culleredo organizou o XVIII Curso de Micoloxía que tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo desde o 7 ao 10 de novembro. O curso foi impartido polo biólogo Carlos Pastoriza Avilés e incluíu unha viaxe e recolleita de cogomelos na zona de Torre Lavandeira, en Aranga, celebrada o sábado 10 pola mañá.
A afección pola micoloxía é imparable, como amosan as cifras de asistencia a este curso, con 60 persoas. O interese chegou a outros municipios, con decenas de persoas que chamaron ao Concello, pero que non puideron asistir ao esgotarse as prazas por parte de veciños.
Con esta acción, o Concello de Culleredo quere promover unha afección cada vez máis arraigada na época de maior riqueza deste vexetal. As sesións teóricas centráronse no coñecemento dos cogomelos e na aprendizaxe de onde se poden atopar na xeografía galega.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER