As concellarías de Sanidade e de Benestar Social organizan un obradoiro de técnicas para persoas dependentes e para os seus familiares. O obradoiro enmárcase dentro do convenio de colaboración que o Concello de Culleredo ten coa Asociación contra as enfermidades neuromusculares (Asem), convenio que ten como obxectivo, entre outros o de potenciar e fortalecer as habilidades persoais e sociais dos usuarios e usuarias” que ambas institucións teñen nos seus servizos de apoio á autonomía persoal e social.
O obradoiro terá lugar o 30 de novembro no Pazo de Vila Melania en horario de 9:30 a 13:30, e o programa que se desenvolverá será o seguinte:
9:30 “Servizos para persoas dependentes e os seus familiares en Culleredo”. Teresa Molares Cabana, pedagoga e responsable do Servizo municipal de prestacións de apoio á dependencia.
10:00 “Axudas técnicas de apoio á autonomía persoal e social de persoas dependentes”. Thais Pousada García, terapeuta ocupacional de ASEM (Federación nacional de enfermidades neuromusculares)
12:00 “Técnicas de mobilización de persoas con falla de autonomía”. Minia Canedo Monasterio, terapeuta ocupacional.
O obradoiro é aberto á cidadanía en xeral e é gratuíto. Para participar é necesaria a inscrición previa no departamento municipal de Sanidade, no teléfono 981.654570.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER