O movemento veciñal e municipal pola mellora do paseo do río Trabe celebrará este sábado, 24 de novembro, o seu segundo acto. Tras a primeira acción de limpeza voluntaria que tivo lugar o pasado outubro, o Concello e a asociación de veciños Río Trabe volven a unir forzas para avanzar na posta en valor deste recurso natural emprazado no centro do Burgo.
Será de 10.00 a 13.00 horas, nunha actuación promovida desde a Oficina Municipal de Voluntariado (OMVOL) e a mencionada entidade municipal. Contarase co apoio de Protección Civil para a retirada do lixo e maleza do leito do río.
Haberá un punto de recepción e información de voluntarios sinalado axeitadamente, no que o Concello repartirá material necesario para a limpeza, coma luvas, bolsas plásticas, ou chalecos identificativos.
A limpeza colectiva comezou no treito que discorre por Acea de Ama, entre a ponte dos Muiños de Acea de Ama e aponte da autopista. Os participantes, entre os que se atopou tamén o alcalde, Julio Sacristán, retiraron en outubro moita maleza e lixo, con elementos coma anacos de quitamedos, bolardos ou mesmo un carro da compra dun supermercado.
Como aínda quedaba traballo por facer, o Concello e a asociación emprezáronse a unha nova edición, sinala a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Marta Iglesias. A acción pretende concienciar á sociedade da responsabilidade de todos no coidado da natureza e poder devolver o valor ecolóxico, paisaxístico e recreativo á zona, sinala a edil.
O paseo do río Trabe conforma un amplo espazo de lecer para os veciños do Burgo e Acea de Ama en pleno núcleo urbano. Un carril bici, mobiliario e natureza son as características deste camiño, utilizado a diario por ducias de veciños e moitos deportistas.
Sen embargo, o estado do leito fluvial non é o mellor, froito do vandalismo. O Concello de Culleredo e os veciños decidiron sumar forzas para mellorar este espazo e aminorar os danos provocados por este tipo de actitudes incívicas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER