O Concello e Asem ensinaron técnicas para persoas dependentes e os seus familiares

Dentro  do seu interese no apoio e colaboración coas persoas dependentes, o Concello de Culleredo levou a cabo o venres 30 un obradoiro de técnicas para dependentes e para os seus familiares. Este obradoiro enmarcouse dentro do convenio de colaboración que o Concello ten coa Asociación contra as enfermidades neuromusculares (Asem).

A xornada tivo lugar en Vilaboa, no Pazo de Villa Melania. Contou coa asistencia de medio centenar de persoas interesadas na materia.

O obxectivo da colaboración entre Culleredo e Asem reside en potenciar e fortalecer as habilidades persoais e sociais dos usuarios. Ambas institucións pretenden ofrecer así servizos de apoio á autonomía persoal e social.

A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, foi a encargada de inaugurar a xornada. “Neste tempo de crise, as administracións debemos apostar por reforzar a atención social”, afirmou convencida.

Jabares salientou que, ademais do gastos social, un Concello debe promover accións de apoio en áreas tan vitais para veciños coma a atención a dependencia.  Agradeceu a importante labor de Asem e animou aos presentes a recorrer aos servizos da asociación ou do Concello ante calquera necesidade que teñan.

O programa que se desenvolveu foi o seguinte:

  • “Servizos para persoas dependentes e os seus familiares en Culleredo”. Teresa Molares Cabana, pedagoga e responsable do Servizo municipal de prestacións de apoio á dependencia.
  • “Axudas técnicas de apoio á autonomía persoal e social de persoas dependentes”. Thais Pousada García, terapeuta ocupacional de ASEM (Federación nacional de enfermidades neuromusculares)
  • “Técnicas de mobilización de persoas con falla de autonomía”. Minia Canedo Monasterio, terapeuta ocupacional.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina