Os alumnos da Escada fabrican recordos de Nadal para obter fondos para as familias necesitadas

Os alumnos do centro ocupacional A Escada, dirixido a persoas con discapacidade psíquica, poñen o seu grao de area para axudar ás familias en risco de exclusión social do municipio. Para iso traballan a reo na elaboración de adornos e recordos de Nadal que despois venderán para recadar cartos con ese fin.

A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, presentou o traballo dos alumnos da Escada, centro municipal que funciona desde 2008 no Burgo. Os rapaces esmerábanse na elaboración de postais, bolas para os árbores de Nadal, coroas e adornos para decorar as casas ante a chegada das festas.

Fano en parte con material que eles mesmos fabrican ou recollen. É o caso das postais, feitas con papel reciclado, ou das coroas, creadas con ramas e froitos de árbores que recolleron nunha saída feita ao entorno da ermida de San Cosme. Un dos alumnos traballa ademais na brigada municipal, polo que recolleu vexetación do xardín botánico.

Os prezos para adquirir estes produtos serán populares. As postais custarán 0,50 euros; os adornos, 0,25; os adornos de madeira, 0,75 euros; as bolas, entre 0,70 e 1,50 segundo o tamaño; e as coroas, 3 ou 5 euros.

A Escada admitirá pedidos vía telefóno, mail ou Facebook. Ou en persoa. “Os alumnos están moi animados en contribuír ás axudas para emerxencia do Concello”, apunta Jabares, que anima aos cidadáns a apostar por mercar estas creacións.

Esta se trata da primeira vez que o Concello desenvolve esta iniciativa. Ademais de colaborar con ese fondo para emerxencia social,  a idea permite que os alumnos da Escada continúen co seu traballo de adquirir autonomía, abríndoo á sociedade. “Queremos visibilizar esta diversidade”, explica a primeira tenente de alcalde.

O obradoiro comezou o pasado mes de outubro e continuará ata que se cubra a demanda. Xa hai xente que preguntou para mercar estes produtos, xa dispoñibles, na Escada. “Está moi claro que a solidariedade é unha actitude que podemos adoptar todos”, sinala Jabares.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina