A Policía Local abre as súas portas aos escolares de Culleredo

A Concellaría de Educación de Culleredo, dentro do programa de "Educación para a participación cidadá", e en colaboración coa Concellaría de Seguridade Cidadá, iniciou un programa de visitas á  sede da Policía Local de Culleredo (situada en Vila Lucinda). Comezou a programación a visita dos alumnos de 6º de Primaria do colexio Ría do Burgo,  quen puideron soprar nun alcoholímetro, comprobar como funciona o sistema de localización das patrullas a través do GPS ou subirse a un todoterreo e a unha patrulla móbil.

Así mesmo tamén se probaron os chalecos antibala e aprenderon comó traballan os axentes á hora de realizar un atestado.

O oficial Luís López foi o encargado de facer de guía no percorrido polas instalacións policiais. Explicou aos alumnos que Culleredo ten Policía Local desde 1981, que agora está formada por 27 axentes. En resposta aos alumnos, o oficial da policía asegurou que para ingresar no corpo «hai que estudar, e moito».

Na súa visita estiveron acompañados pola concelleira de Educación, Carmen Varela. A edila resalta a importancia de que os escolares coñezan o funcionamento dos corpos de seguridade do municipio e destacou o enorme interese demostrado polos alumnos na actividade.

Ao final  da actividade fóronlles entregados  uns carnés de Policia Infantil, para que cooperen como axentes colaboradores da Policia Local.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina