Charla en Vilaboa: "Non podo pagar a miña vivenda...Que facer?"

Data : 
Martes, 5. Febreiro 2013 - 19:30 - 20:30

 

A xa anunciada "Campaña cidadá de información sobre os apoios ante o risco de perda da vivenda", promovida pola Comisión municipal de desafiuzamentos de Culleredo segue co seu programa de actividades.

Agora iníciase o ciclo de charlas informativas que, baixo o título "Non podo pagar a miña vivenda...Que facer?". Membros da subcomisión técnica da devandita Comisión, farán unha exposición a todos os veciños e veciñas que desexen acudir e recibir orientación, das diferentes alternativas e camiños a seguir no suoposto de dificultades para pagar a vivenda habitual, sempre tendo en conta a heteroxeneidade da casuística.

As charlas, abertas e gratuítas, terán lugar o vindeiro martes 5 de febreiro, ás 19:30 horas no Pazo de Vila Melania de Vilaboa, e o mércores 6 de febreiro, ás 19:30 horas no Centro Social de Fonteculler, na Praza de Castelao.

Joaquín Díaz González-Dans de Stop Desahucios, Verónica Pazos Sánchez, técnica de consumo de Adicae, Juan Aradas, de Arquitectos sen fronteiras, Domingo Bayo Rodríguez, asesor xurídico do Concello de Culleredo e Isabel Vázquez Santiago, educadora social dos servizos sociais municipais, serán os relatores que exporán a súa experiencia na materia.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina