O Concello adxudica o servizo de axuda a domicilio por 621.000 euros ao ano

O Concello de Culleredo adxudica mediante concurso público a concesión do servizo de xestión e execución da prestación dos servizos de axuda a domicilio. A licitación foi gañada pola empresa A0 Maiores Sociedade Limitada por un importe anual de 621.160 euros, cunha baixa sobre o tipo de 29.612 euros ao ano.

Ao concurso presentáronse cinco empresas: Eulen, Valoriza, AO Maiores, Ingesan e Geriatros, obtendo a máxima puntuación no  conxunto dos criterios a mencionada.

Os criterios de valoración  foron os seguintes:

  • Programa calendarizado de formación continuada para os traballadores do servizo.
  • Garantía acreditada da estabilidade dos profesionais, formación e os servizos complementarios vinculados á atención directa aos usuarios.
  • Compromiso de contratación de traballadores  
  • A proposta do servizo ofertado.

O Concello de Culleredo pagará á empresa o servizo ordinario a 13,48 euros a hora. En domingos e festivos os servizos imprevistos pagaranse a 15,28 euros a hora. As horas nocturnas illadas, cando sexan menos de 7 horas, a 15,28 euros e pola noite completa excepcional non se pagará nada, sendo entre as 22 e as 8 da mañá.

A empresa AO Maiores S.L. ofertou unha serie  de melloras no servizo como axudas técnicas consistentes en camas articuladas, cadeiras de brazos xeriátricas, cadeiras de rodas, e guindastres, ofertando á súa vez, catro prazas de respiro familiar en residencia de maiores e 36 prazas en centros de día.

O Concello de Culleredo resalta a calidade de todas as ofertas presentadas, así como as melloras ofertadas que redundarán nos profesionais e nos usuarios do servizo e ás familias. O goberno local móstrase satisfeito co servizo adxudicado xa que mellorará substancialmente a formación e as condicións de traballo dos profesionais e posibilita a estabilidade no emprego.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina