O Concello de Culleredo celebra o vindeiro domingo 17 de marzo o seu primeiro Mercadillo de Segunda Man e Labores cun sobresaliente nivel de participación cidadá. O evento acollerá a 70 postos, de veciños procedentes de Culleredo e diferentes municipios da provincia, coma A Coruña, Cambre, Ferrol, Narón, Ares ou Oleiros.
O Mercadillo terá lugar na praza de Europa do Burgo, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Será unha oportunidade para vender obxectos usados ou feitos manualmente, a nivel afeccionado, non profesional.
As persoas que se acheguen ata a praza de Europa poderán atopar postos de múltiples actividades coma roupa, bisutería, artesanía, coiro, bonecas, cestería, costura, vaixela ou mesmo libélulas e bolboretas talladas en madeira.
O concelleiro de Servizos de Dinamización Local, Isidro Taibo, explica que con esta acción se pretende “ofrecer unha oportunidade económica para todos os veciños que a nivel afeccionado desexen vender ou intercambiar as súas creacións”. O edil destaca a excelente acollida que tivo este mercadillo, a pesar de que se trata da primeira vez que se celebra.
“Temos que idear espazos que os cidadáns demandan para poder obter unha rendibilidade moi necesaria hoxe en día”, apunta. Taibo sostén que ademais desta promoción económica, o evento servirá para dinamizar a rúa.
O concelleiro anima aos veciños de Culleredo e dos municipios de arredores a acudir o domingo ao Burgo para visitar os postos e poder participar nas compras.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER