O Concello de Culleredo, desde hai dez anos, ven celebrando, o Día Mundial da Auga. Este ano tivo como obxectivo centrar a atención internacional sobre O Ano Internacional dá Cooperación na Esfera da Auga como un medio para chamar a atención sobre a importancia da auga doce e de avogar por unha Xestión Sustentable dos recursos hídricos.
Nesta ocasión, a Concellaría de Educación organizou o “I Concurso cartel-slogan :consumo responsable da auga" entre a poboación escolar. A finalidade consistía en concienciar ao alumnado sobre importancia da auga.
O Xurado dou como gañador deste Concurso a Diego Núñez Pereiro de 6º de Primaria co eslogan "Sen mundo non hai auga,sen auga non hay mundo", do CEIP Sofía Casanova, e a aula gañadora que foi a de 6º B.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, fixo entrega dos diplomas e dos premios.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER