O Concello de Culleredo puxo en marcha unha programación propia composta dunha serie de accións formativas para o emprego, encamiñadas a aumentar a capacidade dos desempregados de cara lograr un traballo. O plan de emprego foi configurado atendendo á demanda do mercado laboral e ó mesmo tempo dirixido a formar na actualización e reciclaxe profesional.
O Concello abriu o 3 de abril o prazo de presentación de solicitudes. Recibíronse máis de 400 demandas dos veciños, das que:
O resto das solicitudes distribúense entre as demáis accións formativas ofertadas no programa:
A asignación de prazas realizarase a través dunha proba de selección no caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas, agás o taller de apoio á preparación das competencias clave que será por orde de inscrición.
O Concello informa de que o vindeiro 24 de abril publicarase no taboleiro de anuncios do Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” e na páxina web do Concello de Culleredo os listados de admitidos e os listados de convocados para as probas de selección.
O plan de formación ten un obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 224 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.
O goberno municipal tivo en conta as necesidades cambiantes dos postos de traballo á hora de configurar a oferta de accións formativas. A concelleira de Formación, Marta Iglesias, considera que a vista da demanda, o programa suscitou o interese dos veciños en situación de desemprego.
O plan de formación terá lugar durante os próximos meses no centro municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”, situado no Burgo, na rúa Antonio Machado.Está destinado a veciños de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. A inscrición finaliza hoxe. Para máis información pódese contactar co centro municipal Pablo Picasso no número 981 66 42 04.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER