O Concello de Culleredo desenvolve esta semana unha actividade, en colaboración coa agrupación Ancoradoira, para ensinar aos escolares as características do folclore galego.
Na actividade, denominada “Musícate” participa o alumnado de 4º de Educación Primaria do CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) e do CEIP Ría do Burgo (A Corveira). Son un total de 101 rapaces os que asisten. O pasado mércores 24 desenvolveuse no primeiro; mañá venres 26 terá lugar no segundo, en horario de 9.30 a 11.30 horas nunha clase, e de 12.00 a 14.00 horas na outra.
Coa actividade, a Concellería de Educación que dirixe Carmen Varela pretende dar ao alumnado nocións básicas acerca do traxe tradicional galego, instrumentos musicais e bailes típicos galegos. Ademais, aprenden a bailar un deles.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER