O Concello reforza a presenza a pé da Policía Local e o servizo nocturno na fin de semana

O Concello de Culleredo impulsa unha reorganización do cuadrante da Policía Local tras a aprobación do convenio co persoal acordado polo pleno o pasado xoves. Os cambios permitirán unha mellor atención, máis próxima aos cidadáns, potenciando as franxas horarias con maior necesidade.

O novo cuadrante, que se aplicará de inmediato, permitirá o traballo diario diúrno de dous ou tres patrullas. Isto propiciará o traballo de axentes a pé polas dúas principais zonas urbanas, O Burgo e Vilaboa, tanto pola mañá como pola tarde.

Co reforzo do servizo diúrno, a Policía Local atenderá as entradas e saídas de todos os colexios públicos do municipio, garantindo a seguridade viaria dos escolares. En canto ao servizo nocturno, reforzarase nos fins de semana, con dúas patrullas, manténdose o servizo das noites por semana.

A concelleira de Seguridade, Alicia Ferreiro, aposta pola "presenza continua" da Policía Local nas rúas para ter un contacto directo cos veciños e ofrecer toda a atención que requiren. Con esta medida impúlsase o labor de prevención da seguridade cidadá.


Nova unidade de atestados

Ademais, a Policía Local estrea unidade de atestados dando resposta así a unha das principais necesidades de equipamento que tiña. Ferreiro e o xefe da Policía Local, Ricardo Dovigo, presentaron o novo vehículo.

A unidade, que estará equipada con sonómetro, etilómetro e ordenador para as oportunas tramitacións, mellorará a atención en caso de accidentes e os controis. Tamén levará aos grandes eventos que cubra a Policía Local para dispor dunha oficina móbil para a atención ao cidadán.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina