Os pequenos descobren a excelencia do patrimonio de Culleredo

Con moita curiosidade acudiron os alumnos de 5º de Primaria do colexio de Tarrío á actividade de coñecemento de Culleredo que organizaba o Concello. Unha ruta polos catro paraxes culturais de maior valor do municipio, que a pesar de atoparse moi próximos son en ocasións descoñecidos para os veciños máis pequenos.

Os escolares comezaron a viaxe por Culleredo en Celas de Peiro, visitando o parque e a famoso torre, seguindo logo polo señorío do pazo de Vilaboa e finalizando coa riqueza románica da igrexa do Burgo e da ponte romana sobre a ría. Con gran atención escoitaron as palabras do historiador municipal, Carlos Pereira, que explicaba con detalle a orixe e características dos monumentos.

Un total de 150 escolares de 10 ou 11 anos de idade participan neste programa didáctico que impulsa o goberno de Culleredo a través da Concellaría de Educación. Ademais do colexio de Tarrío, participan a Ría do Burgo (A Corveira) e o Díaz Pardo (O Burgo).

A concelleira de Educación, Carmen Varela, acompañou aos nenos en parte da visita didáctica. "Queremos que desde nenos un tome conciencia da cantidade de elementos arquitectónicos que forman parte do legado histórico e cultural de Culleredo", apunta.

Así, termos como bóveda, arco ou dintel foron dos que máis soaron na actividade. "Hai que valorar ou patrimonio do sitio non que un vive", afirma.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina