Aberto prazo de inscricion no curso de horta ecolóxica en Culleredo

Dende a Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego,  preténdese crear un espazo de  formación para a realización de actividades de producción e consumo de productos agrícolas e saudables, así coma levar a cabo unha experiencia enriquecedora de participación activa nas estratexias de Sostenibilidade do Concello de Culleredo.

Esta actividade formativa vai dirixida aos veciños/as de Culleredo interesados na horta ecolóxica; terá unha duración de 30 horas  e levarase a cabo  no Pazo de Villa Melania os meses de Xuño, Xullo e Agosto de 2013,  os sábados pola mañán.

As pesoas interesadas  poderán inscribirse ata o día 31 de maio  de 2013 no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” en horario de mañán de 9:00 a 14:00 horas.

Os participantes serán seleccionados/as por orde de inscrición, cun máximo de 20 prazas .

O listado de admitidos será exposto no taboleiro do Centro Municipal de Formación  e Emprego “Pablo Picasso” o día 5 de xuño de 2013

Para máis información chamar ao 981.664204

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina