Monólogo de Sara Escudero

Data : 
Venres, 7. Xuño 2013 - 21:00

O Concello de Culleredo inicia o venres 7 de xuño a primeira edición do Festival do Humor, que levará ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a recoñecidas figuras do xénero. A primeira en actuar será Sara Escudero, cómica coñecida polas súas intervencións na canle Paramount Comedy ou polo Club da Comedia.

O monólogo terá lugar ás 21.00 horas. As entradas pódense adquirir taquilla ao prezo de 7 euros.

Antes, ás 16.00 horas terá lugar o taller de risoterapia, para o que foi necesaria a inscrición previa.

Os actos proseguirán todos os venres de xuño. A programación completa é a seguinte:

Venres 7:
16.00 Taller de risoterapia (20 prazas).
21.00 Actuación de Sara Escudero.

Venres 14: 21.00 h, actuación de Luís Zahera.

Venres 21:
17.00 Charla sobre humor en Galicia
21.00 Actuación de Quico Cadaval.

Venres 28: 21.00 h, actuación de Carlos Branco.

Con este novo festival, o Concello de Culleredo amplía a súa oferta cunha proposta que atraerá numeroso público tamén de fóra do municipio. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que este programa con artistas de notable interese servirá tamén para a "dinamización" do Burgo e os seus locais de hostalaría.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina