O goberno municipal potenciará a participación dos maiores para escoitar as súas propostas

O goberno local de Culleredo busca a participación activa dos maiores na vida do municipio. O Concello celebrou unha reunión cos delegados parroquiais, representantes de todas as parroquias que se encargan de transmitir peticións ao equipo de goberno e definir os programas que debe organizar en función das súas necesidades e intereses.

O encontro, presidido polo alcalde, Julio Sacristán, serviu como primeiro contacto da concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, e da edil de Sanidade, Penélope López, cos delegados parroquiais. Atopáronos con moitas ganas de implicarse co Concello na programación de actividades.

O goberno local anunciou que intensificará as reunións cos maiores para escoitar as súas propostas de primeira man e poder levalas a cabo. Os delegados parroquiais coincidiron nesta idea, polo que a Concellaría de Benestar manterá un "contacto fluído" con eles para que a súa participación se faga efectiva.

No encontro, os maiores xa trasladaron algunhas das súas necesidades. Pediron, en primeiro lugar, un incremento das actividades destinadas a eles. E en concreto, suxeriron a recuperación dos bailes os fins de semana e a impartición de clases de informática na aula de Vilaboa, cuestións que o Concello espera atender en breve prazo.

Ademais, os delegados solicitaron que os programas se manteñan tamén na zona rural e que se habilite en Fonteculler unha sala para o seu uso social por parte dos maiores. O goberno local estudarao e ofrecerá unha resposta coas posibilidades existentes.

O Concello pediulles aos delegados que propoñan actividades consensuadas previamente cos veciños, cos seus horarios concretos. Desta forma lograrase un proceso de acordo previo para lanzar iniciativas con respaldo e polo tanto coa realización asegurada. Isto é especialmente necesario no rural, onde hai menos poboación.

Pombo considera "fundamental" o traballo de xeito conxunto cos representantes dos maiores para garantir a idoneidade dos programas municipais para este colectivo. A concelleira destaca ademais que os maiores "queren colaborar, teñen ideas e iniciativa e desde o goberno poremos todos os medios para atenderlles".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina