O servizo municipal de aluguer de bicicletas inicia tempada. As bicicletas atópanse xa aparcadas e o sistema activado para que veciños e visitantes gocen das amplas zonas verdes do municipio de Culleredo cun medio de transporte ecolóxico e que promove o exercicio físico.
Os operarios da empresa adxudicataria, Tuimil S.A., acaban de colocar as bicicletas nos tres puntos habilitados: o paseo marítimo xunto á urbanización A Ría; o paseo do Burgo xunto á ponte sobre a ría; e o paseo do río Trabe en Vilaboa. Cada un dispón dunha pantalla intelixente para acceder ao aluguer mediante a traxeta do servizo.
Os usuarios poderán darse de alta nas oficinas municipais sitas na casa consistorial, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou en Vila Melania. O servizo estará aberto ata o 15 de outubro e ofrece un horario continuado de 12 horas ao día: de 9.00 a 21.00 horas.
A nova empresa concesionaria ofrecerá importantes vantaxes no servizo para optimizar o funcionamento. En concreto, impulsará un renovado sistema de xestión de incidencias, que permitirá á empresa actuar ante fallos ou problemas que poden informar os propios usuarios. Ademais, a adxudicataria asegura unha maior axilidade na reparación das bicicletas, factor crave para que o servizo funcione.
O goberno de Culleredo quere potenciar a bicicleta como medio turístico e de transporte alternativo no municipio. O municipio conta con amplos espazos verdes e seguros para andar en bicicleta, como todo o paseo marítimo do Burgo e o do río Trabe. Un ciclista pode desprazarse entre Fonteculler, Vilaboa e O Burgo, o tres principais núcleos urbanos, en carril bici.
O Concello conta con 137 bicicletas, que foron distribuídas en parte no tres puntos para garantir que se atenda toda a demanda e en parte almacenadas para atender ás diferentes avarías que poidan xurdir.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER