O Concello de Culleredo comeza a súa tempada de campamentos urbanos de verán, unha alternativa para a conciliación a través da educación que reunirá até setembro a 300 pequenos.
O goberno de Culleredo estruturou os campamentos en diferentes quendas de datas e de diferente duración, habendo desde campamentos dunha semana até de cinco. Este ano rexistrouse unha maior demanda para as quendas de cinco semanas, que son os que acaban de arrancar.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, desprazouse até o CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo para dar a benvida aos máis novos: un grupo de 65 nenos de 3 a 5 anos de idade. Mentres, no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa participan outros 65 nenos de 6 anos en diante.
Os campamentos guíanse nesta edición pola "máquina do tempo". Empezou levando aos pequenos á prehistoria e irá avanzando cada día até chegar á actualidade e penetrarse no futuro.
Varela destaca o importante "papel de conciliación e de lecer saudable e educativo" que adoptan os campamentos que organiza o Concello de Culleredo. No proceso de matrícula logrouse que entrasen todos os solicitantes empadroados en Culleredo e con ambos os pais ou representantes legais traballando, conseguindo así a primeira das finalidades.
Os campamentos celebraranse nos colexios públicos da zona urbana de Culleredo. Estes primeiros comezaron en canto iníciase o período vacacional para os escolares para cubrir así ao máximo as necesidades das familias.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER