O Concello de Culleredo pensa tamén na mocidade coa chegada do verán. No mes de xullo, a Concellaría de Xuventude propón aos novos talleres sobre materias que se sitúan nos seus centros de interese.
O taller de iniciación á fotografía dixital celebrarase do 15 ao 29 de xullo. Cunha duración de dúas horas, o Concello estrutúrao nunha quenda para mozas de 14 a 17 anos e outra para mozos de 18 a 30. O taller contará tanto cunha parte teórica como con prácticas.
O curso de primeiros auxilios desenvolverase do 15 ao 19 de xullo en horario de mañás. Está dirixido a mozos de 16 a 30 anos de idade e a asistencia ás 20 horas proporcionará aos participantes un diploma acreditativo.
O goberno municipal abre esta semana a inscrición a ambas as accións. Os interesados poden dirixirse ao Centro Municipal de Formación "Pablo Picasso", sito no Burgo, ou chamar ao teléfono 981 664 204.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
obradoiro_de_fotografia_dixital_bueno.pdf | 332.71 KB | |
cartel_primeros_auxilios.pdf | 65.85 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER