O goberno local programa ximnasia ao aire libre para os maiores durante o verán

O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Benestar Social, co espírito de continuar co fomento do benestar físico dos veciños de Culleredo, desenvolverá un programa nos parques biosaudables do municipio. Os maiores poderán asistir a sesións de ximnasia ao aire libre nas instalacións que dispón o Concello en Celas de Peiro e en Vilaboa, no pazo de Vila Melania.

A iniciativa, denominada “Verán movidiño”, desenvolverase durante os vindeiros meses de xullo, agosto e setembro. Estará dirixida por un técnico de INEF, co obxecto tamén de ensinar o correcto uso dos aparatos por parte dos maiores.

En Celas dará comezo esta actividade o xoves, en horario de 19.00 a 20.00 horas. En Vilaboa empezará na vindeira semana. Os veciños que o desexen poden informarse e anotarse nos Centros municipais de Servizos sociais de Vilaboa e costa da Lonxa no Burgo en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O goberno de Culleredo aposta por ofrecer alternativas de educación física tamén para os maiores. O Concello concibe o verán como unha época ideal para a práctica ao aire libre aproveitando as infraestruturas de parques biosaudables que están a disposición de todos os veciños de forma gratuíta.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina