Culleredo encara a recta final das festas parroquiais de verán

As festas de Almeiras e Sésamo que veñen de rematar o luns poñen punto e aparte no calendario festivo do Concello de Culleredo. O municipio ven de desfrutar este ano dos festexos da Corveira, no pasado mes de maio, Peiro, Vilaboa, Ledoño, Castelo e O Burgo.

Máis de 25 orquestras, cunha afluencia de público que bateu récords, pon de manifesto a importancia que están a retomar as festas parroquiais. O Concello quere destacar o amplo programa de actividades das diferentes festas nas que se alternaron xornadas gastronómicas, onde o churrasco ou as sardiñas foron as protagonistas en todas elas, coas actuacións musicais e programas dirixidos a veciños de todas as idades.

O goberno de Culleredo realizou un importante investimento nas festas parroquiais contribuíndo por igual en cada unha delas, aportando a loxística necesaria para a celebración das mesmas. O Concello asumiu os gastos en subministro, instalacións de ambigús, cesión de parrillas, mesas e cadeiras para a correcta celebración de todos os programas previstos.

O goberno local, que preside Julio Sacristán, continúa a traballar nas festas que restan para as vindeiras semanas. A pesar de que durante esta fin de semana non haberá festas programadas nas parroquias, a Concellería de Festas xa traballa en contribuír ao éxito das que comezarán para as vindeiras datas.

Xuntaranse as festas de Celas de Peiro que se desenvolverán entre os días 15 e 17 de agosto, e as de Boedo nas que destaca por riba de todo a súa xa popular cigalada, que congregará a milleiros de veciños a carón das parrillas o vindeiro sábado 17.

Castelo, en honra a San Ramón entre o 23 e 30 de agosto, Castro-Laxe na última semana de agosto en honra a Santa Bárbara, e Culleredo, en honra a San Roque e San Miguel, na primeira semana de setembro, pecharán o calendario estival de festas cullerdenses.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina