O Concello informa de que a Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
O programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír a sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.
As axudas serán tramitadas polas empresas de satélite acreditadas pola Xunta como entidades colaboradas. No arquivo anexo ou na páxina web de AGADER pódese consultar unha táboa comparativa cos datos de contacto das entidades colaboradoras e os servizos ofertados ao abeiro das axudas
Neste convocatoria, o prazo para que cidadáns e pemes poidan solicitar as axudas abrirase unha vez se publique no DOG a relación de entidades colaboradoras seleccionadas e remada o día 30 de setembro de 2013.
Para máis información pódese contactar coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
20130807_internet_satelite.pdf | 39.55 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER