Os campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo alcanzaron o seu punto final tras máis de dous meses de actividades en diferentes quendas cunha participación de 300 pequenos. Unha festa con inchables e aperitivos no colexio Sofía Casanova de Vilaboa serviu para celebrar a súa conclusión.
O Concello móstrase satisfeito polo resultado da iniciativa, que unha vez máis deu servizo a moitas familias cullerdenses para a conciliación da vida familiar e laboral e para ofrecer unha alternativa de lecer aos pequenos na época estival.
O goberno de Culleredo estruturou os campamentos en diferentes quendas de datas e de diferente duración, habendo desde campamentos dunha semana ata de cinco, e para distintos grupos de idade. Este ano rexistrouse unha maior demanda para as quendas de cinco semanas, así como un incremento nos usuarios do servizo de comedor que tamén se ofrecía.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER