O Concello recibe a confirmación da Xunta da próxima licitación do novo instituto

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, mantiveron unha reunión co secretario da Consellería de Educación e coa directora de Construcións para analizar a situación na que se atopan os proxectos de construción do futuros IES e CEIP.

Sobre a construción do instituto, nos terreos da antiga Universidade Laboral, a Xunta informou de que o proxecto xa está completado, pasando agora á fase de supervisión. A Consellería confirmou ao alcalde que se licitará proximamente.

Así mesmo, os dirixentes autonómicos aseguraron que os orzamentos da Xunta do próximo exercicio 2014 contarán cunha importante contía para desenvolver as obras.

En canto ao colexio, que se emprazará na avenida de Rutis, o Concello informou á Xunta de que xa completou a adquisición dos terreos, enviando a documentación ao rexistro para o seu pertinente inscrición.  A xunta de goberno aprobou o estudo de detalle para empezar os traballos de urbanización da parcela e a continuación pola a disposición da Consellería asinando o correspondente convenio.

Neste caso, Educación indicou que nos orzamentos de 2014 non aparecerá partida algunha para este colexio. Con todo, no mes de marzo, coa incorporación de remanentes de 2013, si dotará unha partida, como mínimo para a redacción do proxecto.

Sacristán e Varela aproveitaron o encontro para solicitar á Consellería a ampliación de prazas de comedor nos colexios Isaac Díaz Pardo, do Burgo, Ría do Burgo, da Corveira, e Sofía Casanova, de Vilaboa. A Xunta dará unha resposta esta semana. En principio, as peticións parecen lóxicas e parece que a Consellería poderá atendelas en gran parte.

O goberno municipal móstrase razoablemente satisfeito tras a reunión porque se vai vendo a luz para dous proxectos imprescindibles para os servizos educativos de Culleredo. O Concello considera fundamental garantir a consignación económica para evitar demoras nas actuacións, especialmente a do IES dado que o actual atópase saturado.

Ademais, polas impresións dos representantes de Educación, todo apunta a que ningún alumno quedará sen praza de comedor, unha preocupación para moitas familias cullerdenses.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina