O teatro afeccionado chega este mes de outubro a Culleredo cunha ampla programación. O grupo cullerdense Carfax Teatro, en colaboración co Concello, organiza este programa, incluído no Circuíto Galego de Teatro Amador, da Federación Galega de Teatro Afeccionado.
Serán un total de 4 obras as que se representen no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. A estrea terá lugar este sábado, 12 de outubro, coa obra "Unha historia con pau", de Hipócrita Teatro, ás 19.30 horas. Está pensada para un público familiar.
O programa proseguirá o sábado 19. É o seguinte:
A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a "calidade" que hoxe en día ofrece o teatro afeccionado galego, polo que anima aos veciños a acudir ás representacións.
Este ciclo de teatro afeccionado únese a outras propostas desta modalidade, tanto a nivel profesional como de agrupacións locais, o que converten a Culleredo nun "referente" para o cultivo desta variedade cultural.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER