O goberno de Culleredo inviste 300.000 euros no tecido asociativo

A crise non frea o investimento do Concello de Culleredo a favor do tecido asociativo do municipio. O goberno municipal cifra en 300.000 os euros dedicados ao mantemento das entidades e á realización dos seus diferentes programas e actividades, repartidos entre as axudas directas e as subvencións en especie.

No primeiro caso, o goberno de Culleredo dá un paso máis este ano na súa colaboración coas asociacións sen ánimo de lucro ao abrir unha vía de financiamento directamente desde os orzamentos locais. A contía ascende a 49.600 euros nesta modalidade.

Desta forma serán 63 as asociacións que reciban as axudas directas. Os seus representantes asinaron o xoves 17 o correspondente convenio co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, nun acto que se celebrou no salón de plenos da casa consistorial.

Trátase de todas as entidades que funcionan no municipio. Dedícanse a diferentes ámbitos: veciñais, culturais, deportivas, sociosanitarias, educativas, comerciais e empresariais.

Con esta modalidade de subvención directa, o goberno municipal adopta o sistema máis transparente e que pretende favorecer á actividade da asociación. En primeiro lugar, ao estar incluídas no orzamento municipal, son de público coñecemento, unha boa práctica para a administración pública. E en segundo lugar, a directiva de cada entidade xa coñece ao principio de ano o financiamento que vai recibir e así pode adaptar os seus programas aos seus ingresos.

En canto ás subvencións en especie, é política do actual goberno o dedicar todos os recursos municipais, na medida do posible, a facilitar e propiciar o labor das asociacións. Así, o Concello cede o uso de forma continuada de locais, instalacións deportivas e culturais, ou material a todos os colectivos que o necesitan.

O goberno local calcula que esta modalidade o investimento para o tecido asociativo rolda os 250.000 euros.

O goberno de Culleredo ten "confianza plena" no tecido asociativo local e por iso non dubida en realizar os seus máximos esforzos e dedicarlles recursos económicos a pesar da situación de crise actual. Sacristán afirma que o traballo destas entidades é "vital" para o desenvolvemento do municipio e iso "ten que reflectirse" con axudas desde o Concello.

O alcalde considera que o labor do Concello sería en moitos casos moito máis complicada sen o esforzo que dedican de forma altruísta as asociacións. "Son ademais un axente fundamental para a atención dos veciños", apunta.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina