Mozos de Culleredo aprenderon a manexar o coche ante condicións adversas

O manexo do ABS ou como usar o volante mentres as rodas patinan foron algunhas das técnicas ensinadas no curso de condución segura que organizou para mozos o Concello de Culleredo a pasada fin de semana. Unha trintena de participantes, de 18 a 35 anos de idade, tomaron parte da acción.

Pero non se trataba só dun curso de condución segura. Consistiu nunha acción formativa para saber manexar o coche en circunstancias adversas para a condución, que foron convenientemente simuladas polos profesores.

A choiva, a patinaxe de rodas, ou o bloqueo de rodas foron algúns dos casos en que puxeron aos alumnos. Especial fincapé  fíxose no uso do ABS, sistema fundamental ante moitas condicións.

O Concello de Culleredo apostou pola creación este ano dunha programación de actividades específica para os mozos do municipio. Nela enmárcase este curso de condución segura.

A Concellaría de Xuventude, que dirixe Juan Carlos Lovelle, estruturou o programa en actividades para a franxa de 18 a 35 anos de idade, por unha banda, e nun espazo para os mozos de 14 a 18 anos, polo outro. Desta forma, o goberno local garante que as propostas se adaptan ao máximo ás necesidades de todos os mozos.

Un curso de coctelería, monográficos de tempo libre, talleres, zumba ou breakdance son algunhas das modalidades do programa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina