O Concello de Culleredo executa o seu plan contra o fracaso escolar co programa de apertura dos centros escolares públicos en horario non lectivo. Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a apoiar e colaborar cos alumnos empadroados no municipio, para sacar adiante o curso.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, apunta que este programa de reforzo e apoio educativo ten como finalidade frear o fracaso e o abandono escolar, marcando os seguintes obxectivos :
O Concello abre o prazo de inscrición para o programa, ata o 31 de outubro próximo. A acción está dirixida ao alumnado do 3º ciclo de Primaria (5º-6º), a ESO (1º-4º) e PCPI.
As clases levarán a cabo nos centros escolares Isaac Díaz Pardo (O Burgo), Sofía Casanova (Vilaboa), Ría do Burgo (A Corveira), Tarrío e IES Eduardo Branco Amor, unha vez finalizadas as horas lectivas. Os grupos terán un mínimo de 6 alumnos e ata un máximo de 15.
Pódese obter máis información pódese acudir ao Departamento Municipal de Educación, sito no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Ou por teléfono no 981 66 12 08. Ou no mail educacion@culleredo.org.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
triptico_ponte_a_punto_2013-2014.pdf | 484.05 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER