Concerto de violín no Conservatorio

Data : 
Luns, 28. Outubro 2013 - 19:30 - 21:00

CONCERTOS CLÁSICOS NO CONSERVATORIO DE MÚSICA

Concerto de violín a cargo de Cristian Álvarez Sieiro. Interpretará obras de Mozart, J. Sibelius entre outros.

Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio. Entrada libre ata completar aforo.



CRISTIAN ÁLVAREZ SIEIRO

Nace en Pontevedra o 17 de marzo de 1988, cidade na que comeza os seus estudos como violinista no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra coa profesora Mikaela González. Ó longo da súa formación neste centro, participa con distintas orquestras da súa comunidade autónoma.

No ano 2008 entra no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Durante os seus estudos participa na Esola da Orquestra Sinfónica de Galicia (xoven orquesta sinfónica de Galicia en A Coruña), e ingresa na Escola de Altos Esudos Musicais en Santiago de Compostela, onde realiza tamén colaboracións coa Real Filharmonía de Galicia.

No Conservatorio Superior de Vigo estuda violín co profesor Leonardo Blanco e Sergio Heredia, e complementa esta formación con outros mestres como Gregori Nedovora, James Dalgren, Nikolai Velikov, etc. Tamén participa en diversas master class, dirixidas entre outors por Mariana Todorova ou Dejan Bogdanovich.

No ano 2012 realiza unha xira cunha orquestra xuvenil por Europa, na que coñece a profesora Miriam Dal Don, a que foi a sua "insegnante" no ano 2013 no conservatorio de Trento Bomporti, onde cursa 6 meses de erasmus.

Durante a súa estadía en Italia, colabora con distintas orquestras, ensembles... e realiza distintos concerto de música de cámara. Tivo tamén a oportunidade de tocar como solista coa orquestra do conservatorio. Na actualidade estuda na Escola de Altos Estudos Musicais o CAEO (curso avanzado de especialización orquestral).
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina